CRTVG

Buscar

En Triacastela volveron sentir varios tremores sísmicos de baixa intensidade

Publicado o 17/02/2019 12:03
En Triacastela volveron sentir varios tremores sísmicos de baixa intensidade

Os veciños da zona de Triacastela, Baralla e As Nogais xa están afeitos a sentir os movementos de terra que se producen de cando en vez. Son de baixa intensidade, como os que sucederon este sábado en dous momentos distintos pero no mesmo lugar.

O primeiro foi de mañá, cunha intensidade de 2,1 graos ás 10:34, e xa pola noite o rexistro do Instituto Xeográfico Nacional recolleu dous tremores, de 2,9 de magnitude ás 22:38 deste sábado, a 43 quilómetros ao sueste de Lugo, e outro posterior de 2,2 só uns minutos despois, ás 22:52, co epicentro na localidade de Baralla. 

O último rexistrado foi de só 1,9 de magnitude ás 00:16 deste domingo nas Nogais. Durante esta semana rexistráronse outros catro tremores de intensidade moi semellante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2019