CRTVG

Buscar

Os veciños de Teis protestan polo peche de dous pasos elevados na AP-9

Publicado o 02/01/2019 22:06

Os veciños do barrio de Teis en Vigo protestan pola decisión do Concello de pechar dous pasos elevados sobre a autoestrada AP-9. Levaban décadas usándoos como paso peonil e de turismos, e o Concello cumprirá mañá a recomendación de Fomento, que decidiu nun informe que só poderán ser usados polos peóns. 

Case un cento de veciños concentráronse na paso elevado do camiño da Xorxa sobre a AP-9 que o Concello vai pechar mañá ao tráfico xunto co do camiño da Trapa. Os dous pasos levan tres décadas abertos, dende a construción da AP-9, e o concello de Vigo argumenta a existencia dun informe do Ministerio de Fomento que sinala que son pasarelas peonís non axeitadas para os vehículos. Non entenden que decidan pechalos de súpeto sen dar alternativas.

Os veciños lembran que xa a AP-9 dividiu no seu día Teis, e non queren que agora intenten incomunicar zonas do barrio e impedir a circulación a vehículos particulares e de urxencias por estes dous pasos elevados.


 

Noticias web

02/01/2019