CRTVG

Buscar

Os veciños de Silleda participan nun cribado feito con tests de antíxenos

Publicado o 30/01/2021 15:40

Aínda non deran as dez da mañá e unha longa ringleira de persoas agardaba ás portas do centro de saúde de Silleda que dará comezo o cribado, o primeiro que se fai na comarca mediante tests de antíxenos.

Os casos multiplicáronse nas últimas semanas polo que urxe localizar os posibles asintomáticos e poder rastreaxar os seus contactos.

Felipe Calle, director de asistencia sanitaria de Santiago: "Fixemos o cribado porque tiñamos unha prevalencia alta cun índice acumulado de máis de mil nos últimos catorce días". "Para a franxa de idade en que temos máis prevalencia porque son pais, fillos e poden facer a transmisión do virus maior. Está pensado para a poboación de entre 31 e 50 anos".

Foron convocados 1.200 veciños, pero a participación, coma sempre, é voluntaruia.

 

Noticias web

30/01/2021