CRTVG

Buscar

Os veciños de Segade de Abaixo, en Caldas, levan dous meses incomunicados polo desprendemento dun muro

Publicado o 18/02/2020 14:02

Así estaba a vía que dá acceso a varias vivendas de Segade de Abaixo a finais de xaneiro. Daquela, os veciños desta pequena aldea de Caldas de Reis xa levaban máis dun mes incomunicados e temían pola súa situación en caso de emerxencia.

Hoxe, dous meses despois de que se cortara o paso aos vehículos cunhas cintas de plástico, a situación continúa igual. Dende o consistorio dinlles que a obra vai para longo e o proxecto de reparación segue á espera de que as administracións pertinentes dean a súa autorización para iniciar as obras. Non é unha acción doada de levar a cabo, pois trátase dun muro de pedra duns 25 metros pegado ao río.

As máis afectadas polo derrubamento son, sobre todo, as últimas casas da aldea, ás que os propietarios só poden acceder a pé. Polo de agora, en Segade de Abaixo terán que seguir á espera de que o proxecto de reparación se poña por fin en marcha.

Noticias web

18/02/2020