CRTVG

Buscar

Os veciños de Sarreaus realizan un cribado tras o alarmante aumento de casos

Publicado o 08/12/2020 13:58

Sarreaus é un dos seis concellos da provincia de Ourense que teñen unha maior incidencia de novos contaxios nestas dúas últimas semanas. Alí está a facer o Sergas hoxe un cribado masivo.

O obxectivo deste cribado, a practicamente todos os veciños e veciñas deste concello limiao, é detectar asintomáticos e frear a cadea de trasmisión e é que Sarreaus con pouco máis de 1.100 habitantes ten hoxe 23 casos activos, é unha incidencia moi alta.

Todos os habitantes do concello de Sarreaus, agás os que xa teñen unha PCR feita recentemente, están hoxe chamados a facer a proba.

En Tui unha sexta parte da poboación sométese hoxe tamén a un cribado para deter a expansión da pandemia neste concello.

 

Noticias web

08/12/2020