CRTVG

Buscar

Os veciños de Santiago recorren ás fontes porque a auga saía turbia nas billas

Publicado o 12/09/2021 21:26

"Agora pola mañá a auga cando ía lavar uns cacharros a auga saía turbia coma o chocolate".
"Así marrón, clarito pero dices non vou beber nin lavar os dentes nin nada e está mañá lavei a cara e non sei como non me fixei"

A mesma sorpresa levaron os veciños de distintos barrios de Santiago ao abriren a billa este domingo pola mañá. Ao veren a auga turbia, os que pudieron botaron man das fontes próximas.

"Unha bendición, ter esto aquí porque senon a ver eu menos mal que para hoxe xa encargara algo de comida" .
"Toda esta zona Vista Alegre, onte estivo aquí unha cisterna tamén dando auga"

O Concello puxo a disposición dos veciños as cisternas de auga ao tempo que informaba de posibles cortes da subministraciíón que finalmente non se produciron. Con todo, e a pesar da insistencia na potabilidade e o bo estado para o seu consumo, a poboación rexeitaba facelo.

"Ten un sabor raro e un cheiro coma óxido, non sei algo deso"
"Eu nada , eu aquí quedei sen auga, nin gota, nin de cinco litros, nin de litro nin de nada".
"Eu xa desconfio que veña directamente do purín".
"É o que nos tocou agardar que pase o antes posible

As molestias da turbidez da auga chegaron tamén o Milladorio, o núcleo máis poboado do cocnello de AMes

Noticias web

12/09/2021