CRTVG

Buscar

Os veciños de Ribadavia colaboran na restauración do Patrimonio relixioso

Publicado o 12/04/2019 14:48

E non quedou tan só en palabras. Dende a asociación encargaron proxectos individuais de cada igrexa para recuperalas: a de San Xoán, a da Virxe de Oliveira, a de San Lázaro ou a de San Francisco. Pero é esta de San Domingos unha das que máis preocupan. É Ben de Interese Cultural dende 1940.
O proxecto para a súa recuperación contempla o cambio da cuberta, a limpeza exterior e a rehabilitación da iluminación e dos altares. Moito traballo pendente, din que confían poidan levar adiante coa colaboración das institucións e de todos aqueles veciños que apoian esta iniciativa.
E precisamente con ilusión e traballo confían en que de a pouco os proxectos vaian saíndo adiante. Para protexer, coidar e presumir, din, do seu patrimonio.
 

Noticias web

12/04/2019