CRTVG

Buscar

Os veciños de Ramón y Cajal, na Coruña, denuncian que levan catro noites sen durmir pola obras do carril bici

Publicado o 27/08/2021 14:42

Desde este luns levan aturando ruído os veciños de Ramón y Cajal. É polas obras do novo carril bici que se están a facer en horario nocturno para evitar un caos na circulación durante o día. Pero os veciños din seren os grandes prexudicados porque levan catro noites en vela.

Como tampouco logran conciliar o sono algúns dos turistas que se hospedan nos dous hoteis que hai nesta rúa. Hostaleiros da zona tamén se queixan. Pero eles non é porque lles amole o ruído da noite, senón porque perden terraza.

Desde o Concello informáronnos de que estas obras servirán para mellorar a seguridade e mais a visibilidade dos ciclistas, por iso a cor do novo pavimento é vermella. E explican que os ruídos serán xa poucos porque tan só queda pintar e colocar os pivotes para segregar fisicamente os ciclistas do resto do tráfico.

Noticias web

27/08/2021