CRTVG

Buscar

Os veciños dos Pelamios viven atemorizados pola presenza de varios grupos de 'okupas'

Publicado o 16/10/2020 14:37

A rúa dos Pelamios, unha zona tranquila de casas familiares e residencias de estudantes, pasou a converterse nun barrio que veciños de toda a vida xa non senten como propio.

Vendas en pequenas cantidades de droga, ameazas e discusións desmesuradas é ao que a diario se enfrontan os residentes desta zona norte da cidade compostelá con motivo da ocupación de varios pisos do lugar dende hai xa un ano. 

A maioría dos veciños non queren falar por medo a represalias pero cóntannos que están tratando de tomar medidas internas para poñer fin a esta situación e evitar que se sigan trasladando a outros edificios da zona, xa que por parte dos organismos públicos non lles dan moitas solucións. 

Dende a comunidade de propietarios fan un chamamento ás autoridades para que leven a cabo unha maior presión na zona e un cambio na lexislación para que os veciños poidan vivir tranquilos. 

 

Noticias web

16/10/2020