CRTVG

Buscar

Os veciños dos Pelamios piden máis vixilancia para mellorar a seguridade ante a ocupación ilegal

Publicado o 07/09/2020 15:59

Este é o barrio dos Pelamios, en Compostela, un dos focos 'okupa' da cidade. Din os veciños que hai varios apartamentos ocupados ilegalmente en distintos edificios da zona, e que hai máis dun ano que veñen padecendo problemas de convivencia con estes ocupantes.

Din que acumulan queixas e denuncias, pero nada cambia. Preocúpalles o ambiente de inseguridade en que viven. A situación é aínda máis complicada, porque á parte dos problemas de convivencia sospeitan que hai movemento de drogas.

Son problemas que se reproducen de maneira case idéntica noutras veciñanzas da cidade. O concello anunciou un reforzo da presenza policial nestes puntos quentes para tentar controlar a conflitividade. A medida foi ben recibida polos veciños, pero queren máis.

Piden máis vixilancia e máis acción da administración para mellorar a seguridade nestes puntos conflitivos da cidade.

Noticias web

07/09/2020