CRTVG

Buscar

O Concello aproba hoxe os criterios para o reparto das axudas en Tui

Publicado o 11/06/2018 09:03

En Tui, un grupo de bombeiros comeza hoxe a apuntalar as casas que quedan por revisar para axilizar a inspección dos técnicos. Mentres, no Concello, o Goberno local vai decidir como van repartir o millón de euros en axudas. Os veciños seguen moi preocupados pola lentitude coa que se levan os traballos de reconstrución das vivendas danadas. 

Antonio reside a escasos cen metros en liña recta do almacén ilegal que voou polos aires o 23 de maio. Dende entón vive na casa do seu fillo porque a súa vivenda quedou gravemente danada.

A súa casa non está na zona cero, por iso pode acceder a ela. Cada día que pasa Antonio desespérase, sobre todo agora que volveu a chuvia. Naceu aquí e por iso quere restaurala canto antes.

As casas dos seus veciños, situadas na zona cero, tiveron peor sorte. Esta xa foi apuntalada e terá que ser derruída. Tamén estoutra, que segue precintada dende o día da explosión. Antonio sabe que dalgún xeito volveu nacer ese día, pero cre que xa é hora de reconstruír o escenario desta traxedia. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2018