Veciños de Oia fan representacións teatrais de historias orais da súa vila
O concello pontevedrés de Oia contou cunha ambientación moi especial. Os seus veciños participaron nunha representación teatral na que interpretaron varias pezas sobre historias non escritas do seu municipio, algunha delas datada mesmo do século XVII. Os veciños estiveron dende o mes de febreiro ensaiando.
O barrio histórico do concello pontevedrés de Oia contou cunha ambientación moi especial. Os seus veciños participaron nunha representación teatral na que interpretaron varias pezas sobre historias non escritas do seu municipio, algunha delas datada mesmo do século XVII. Os veciños estiveron dende o mes de febreiro ensaiando.
Recompilaron historias locais e tradicións populares que non estaban escritas. E nun obradoiro de teatro decidiron interpretar esas historias coas que, dun xeito innovador, dan a coñecer o patrimonio material e inmaterial do concello de Oia.
Ao redor do mosteiro de Oia foron realizando paradas representando cada unha das seis pezas nos lugares máis emblemáticos do seu barrio histórico. Os veciños inscribíronse no obradoiro de teatro no mes de febreiro e estiveron preparando os seus papeis.Os cativos tamén participaron nesta visita dramatizada.
Foi moita a xente que se achegou a ver esta representación teatral. Deste xeito queren facer unha aposta polo valor patrimonial do Arrabal como parte do Camiño Portugués da Costa.