CRTVG

Buscar

Os veciños de Navia de Suarna reclaman a restauración do castelo

Publicado o 11/09/2019 14:16

Este é o castelo da Proba. Asentado sobre un gran penedo, vixía dende o alto o centro urbano de Navia de Suarna. Esta edificación estímase que é do século XI e tras destruírse no conflito Irmandiño volveu levantarse no 1450. O castelo é de propiedade privada e, malia que esporadicamente residen nel, os veciños sinalan que está practicamente abandonado, polo que promoven a súa restauración. Ademais, sinalan que xa se produciron desprendementos e que comeza a supoñer un perigo.

Os veciños lamentan que se acabe perdendo un monumento emblemático da vila, por iso queren poñer en marcha unha plataforma en que buscan, entre todos, facer forza e conseguir a recuperación do castelo. Para eles, un exemplo que se debe seguir sería o da recuperación do castelo de Pambre, en Palas de Rei.

Sinalan que a súa restauración sería un importante estímulo turístico para este concello dos Ancares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019