CRTVG

Buscar

Os veciños de Monterrei afectados polas treboadas comezan a solicitar axudas

Publicado o 12/07/2019 16:42
Os veciños de Monterrei afectados polas treboadas comezan a solicitar axudas

Os veciños de Infesta, Albarellos e Vilaza, as localidades máis afectadas polas devastadoras treboadas do luns, comezaron xa a entregar no Concello de Monterrei a documentación e as fotos de todo o danado para poder recibiren as axudas.

E é que os estragos son cuantiosos en vivendas, adegas e cultivos. Son primeiras valoracións, nalgúns casos revisadas por peritos, para que o Concello despois tramite as achegas que Deputación, Xunta e Goberno central comprometeron. O máis gordo, os cascallos, xa foron retirados dos camiños e agora os bombeiros están a baldear as rúas para limpar a lama. E falta tamén arranxar os desperfectos en infraestruturas públicas que, segundo o Concello de Monterrei, ascenden ao millón de euros.

A única persoa ferida nas treboadas, un home de Guimarei que acabou debaixo dun muro tras ser arrastrado pola riada en Guimarei, recúperase favorablemente.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2019