CRTVG

Buscar

Os veciños de Meis recuperan a tradición da cría de galos de curral en semiliberdade

Publicado o 07/12/2017 14:20

En Meis levan varios anos recuperando unha vella tradición: a cría de galos de curral en semiliberdade. A maioría véndese no mercado que se organiza o 22 de decembro no lugar do Mosteiro.

Lola é unha das criadoras de Meis que hai seis anos decidiu recuperar unha vella tradición deste concello. Arestora son doce os criadores de galos de curral que hai no municipio. Luís foi un dos últimos en incorporarse ao grupo.

A feira celébrase o 22 de decembro no lugar do Mosteiro. Na edición pasada, venderon máis de 150 exemplares. A diferenza do capón, o galo ten menos graxa debaixo da pel porque permanece ao aire libre ata o final. De cocción lenta, o receitario é moi diverso.

Os que non teñan decidido o menú para estas festas, aínda están a tempo de facerse cun galo de Meis o vindeiro 22 de decembro, no mercado do Mosteiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017