CRTVG

Buscar

Os veciños de Matogrande organizarán patrullas para combater a vaga de roubos

Publicado o 18/07/2019 14:35

En Matogrande, os veciños queren combater a sensación de inseguridade que veñen sufrindo desde comezos de ano e xa teñen en mente como facelo.

Queren frear o vandalismo e os incontables roubos nas casas, garaxes e mesmos locais de hostalería.

Neste barrio coruñés, unha ampla maioría apoia a idea de organizar patrullas de vixilancia para gañar en seguridade. Queren que a proposta saia adiante antes de que remate o verán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019