CRTVG

Buscar

Os veciños de Maside piden que rematen canto antes o arranxo da praza de Dacón

Publicado o 14/10/2019 14:04

As obras do arranxo do firme da praza da igrexa de Dacón, en Maside, manteñen cortados os accesos ao centro da aldea e os veciños teñen que dar un rodeo. As casas máis afectadas son as situadas na propia praza, unha delas, a do párroco. Os veciños quéixanse dos problemas de mobilidade que lles está a ocasionar.

Despois de dúas semanas coa obra parada, as máquinas volveron comezar a traballar. Segundo o alcalde de Maside, houbo un problema co proxecto da obra, que non incluía a renovación das tubaxes da rede de abastecemento nin a mellora do saneamento, e di que por iso tiveron que paralizalas e facer un novo proxecto. Os veciños entenden o problema, pero queren, din, que acaben a obra canto antes.

Desde o Concello aseguran que entenden as molestias ocasionadas aos veciños, pero agora, cos traballos xa en marcha, teñen previsto que a obra poida estar rematada a principios do mes de novembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019