Os veciños de Marín coñecen a dura vida no interior do submarino Mistral
Publicado o 22/03/2019 21:31
Imaxinan compartir vivenda e traballo con 60 persoas en menos de 100 metros cadrados? Así é a vida nun submarino. Hoxe entramos no Mistral, atracado en Marín.
Horas de espera para as ringleiras de persoas que agardaban ver o interior deste submarino español atracado en Marín. O espazo limitado e as dificultades de acceso non desanimaron os visitantes.
Corredores estreitos, unha única ducha para os 67 tripulantes ou o manexo do periscopio chamaron a atención dos curiosos.
O Mistral estrá en Marín ata o domingo que partirá cara a Ferrol, onde fará escala ata o 27 de marzo.