Os veciños de dúas rúas do centro de Vilagarcía, fartos da venda de droga
Publicado o 05/08/2020 15:00
Os veciños de dúas céntricas rúas de Vilagarcía alertan dun crecente problema de inseguridade na zona que, segundo apuntan, pode estar vinculada á existencia de varios pisos dedicados ao tráfico de estupefacientes a pequena escala.
Os residentes aseguran que teñen que convivir coa continua compravenda de drogas. Viven atemorizados e xa son varias as denuncias que puxeron polos conflitos que están a soportar.
Non quixeron facer declaracións ante as nosas cámaras por medo a posibles represalias, pero contáronnos que non poden máis. Berros, golpes ao mobiliario público e mesmo estragos nos comercios da zona son algúns dos problemas que teñen que aturar.
Piden, por iso, maior presenza policial para para solucionar algo que vén de varios atrás.