CRTVG

Buscar

Os veciños de Doncos soben a diario para darlle corda a un reloxo con 115 anos de historia

Publicado o 17/02/2020 14:59

Tras o son da campá da igrexa de Doncos, nas Nogais, hai un reloxo de corda de 115 anos cheo de historia e curiosidades.

190 chanzos son os que soben e baixan a diario os veciños da zona, que fan quendas para darlle corda ao reloxo. Hoxe tócalle a Xosé.

Este emblemático reloxo é dos poucos sen motor que quedan en Galicia. As badaladas guían a actividade dos veciños e a intensidade do seu son mesmo lles axuda a predicir o tempo.

Nas horas en punto toca dúas veces. A primeira cinco minutos adiantada, para que ninguén perda o autobús de liña, e é que os veciños de Doncos e da contorna viven ao unísono deste singular reloxo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020