Os veciños de Crecente compiten para ver quen ten a mellor horta
No concello pontevedrés de Crecente, os veciños competiron estes días por ver quen ten a mellor horta. O certame valeu, din os veciños, para manter a unión da parroquia en ausencia de vida social.
José Luis é de Teruel, vive en Vigo desde que se xubilou e grazas ao concurso puxo o horto da aldea a funcionar. E de que maneira!
Vinte e cinco hortas do Freixo participaron nun concurso nado da necesidade de atopar algo que facer en comunidade en tempos de pandemia. Á parte dos premios, todos gañaron, a cambio, destreza co WhatsApp, un quefacer ilusionante e unha colleita fabulosa.
E esta é a flamante gañadora, a horta de Rosa, quen descoñece o segredo do seu éxito.
A covid privou esta parroquia da súa comparsa de Entroido e no campo atoparon un pasatempo, pero seguen devecendo por recuperar os seus costumes.