CRTVG

Buscar

Os veciños de Codesedo iluminan e decoran de Nadal cada recuncho da súa aldea

Publicado o 21/12/2020 16:29

Estas imaxes son o auténtico espírito de Nadal. Os veciños de Codesedo non deixaron nin un recuncho deste pequena aldea do Concello de Lalín sen decorar.

Por sorprendente que pareza, isto todo é obra só de 20 veciños que decidiron montar unha aldea de Nadal nun dos puntos do Camiño de Santiago. O evento, que este ano está relacionado co Xacobeo 2021, poderá visitarse ata o 6 de xaneiro. Con esta iniciativa, ademais de darlle cor e alegría a estas datas, buscan mostrar o seu patrimonio e cultura a todo aquel que se achegue a visitalo.

Ademais de milleiros de luces, exposición de varios beléns artesanais e figuras de múltiples tamaños, todos os domingos celébranse obradoiros, actividades e diferentes actuacións acompañadas de mercados solidarios

Noticias web

21/12/2020