CRTVG

Buscar

Os veciños de Castelo de Donepedre protestar por ter constantes cortes de luz

Publicado o 12/01/2018 14:08

Córtanlles a luz decote, e nas vilas lindeiras non. E non saben por que. En Castelo de Donepedre, unha aldea do concello de Culleredo, os veciños van fartos de protestar por estes cortes constantes que sofren, pero de momento non teñen solución ningunha.

Os veciños de Castelo de Donepedre protestan por ter constantes cortes de luz, tanto no interior das casas coma no exterior. Levan unha boa tempada con este problema e sempre obteñen a mesma resposta, que a luz marcha polo temporal, sexa inverno ou verán.

Esta situación inflúe moito nos fogares, xa que a maioría ten instalación eléctrica e cando quedan sen luz deixan de funcionar os electrodomésticos, as cociñas e mesmo a auga.

Por outra banda tamén reclaman os seus cartos, xa que pagan as facturas pero non obteñen.

Os veciños aseguran que seguirán protestando ata conseguir unha solución eficaz.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018