Os veciños de Carreira concéntranse no cemiterio para frear unhas obras que consideran problemáticas
Cos veciños dun lado e os operarios coas máquinas paradas do outro. Así amencía hoxe o cemiterio de Carreira, en Ribeira.
Unha obra controvertida levou un grupo de propietarios a reunirse para frear uns amaños que, aseguran, só lles van traer problemas.
Viviuse algún que outro momento de tensión que obrigou a policía a mediar. Nun primeiro momento, os afectados negábanse a abandonar as instalacións e deixar traballar os encargados da obra, que mesmo chegaron a recoller o material.
Finalmente conseguiron chegar a un acordo e polo momento deixalos traballar.
A presidenta da asociación non quixo facer declaracións á cámara, pero asegurounos que ese tema non é asunto seu, senón do párroco.
A el non conseguimos localizalo para que nos dera a súa versión e, polo que nos comentaron os afectados, eles tampouco.