CRTVG

Buscar

Os veciños de Bembrive, os primeiros en recibir a comitiva real

Publicado o 04/01/2019 19:38

Onde os Reis chegaron xa foi a Bembrive, a parroquia viguesa que recibe sempre un día antes á comitiva real. Melchor, Gaspar e Baltasar fixeron alí a primeira das moitas paradas que teñen para repartir agasallos e xuxerías no mundo enteiro.

Hai xa anos que Bembrive ten a sorte de ser unha das primeiras paradas dos Reis Magos no seu camiño dende Oriente cara o resto do mundo. Melchor, Gaspar e Baltasar cruzaron en coche esta singular parroquia viguesa, que ten rango de entidade local local menor dende 1945. Escoltados polo Clube Ciclista Vigués e a rondalla da Sociedade Cultural Helios, os Magos de Oriente comezaron a súa frenética volta ao mundo.

Os nenos esperan ansiosos aos Reis, malia que algúns non teñen claro nin o que piden nin a quen... Noite de nervios en Bembrive mentres a comitiva Real segue a percorrer o mundo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019