CRTVG

Buscar

Os veciños de Aldea Nova, en Ames, séntense inseguros despois de novos roubos

Publicado o 17/12/2019 14:38

A tranquilidade da urbanización de Aldea Nova, próxima a Bertamiráns, hai tempo que desapareceu. Os veciños aseguran que con frecuencia prodúcense roubos. O último, hai só catro días.

Segundo a Garda Civil, na denuncia consta que nesta ocasión os ladróns levaron da vivenda xoias e diñeiro en metálico por valor duns 30.000 euros. Hai aberta unha investigación para esclarecer os feitos. Pero os veciños demandan unha maior protección.

Aseguran que os ladróns son unha banda organizada, cun modus operandi. Normalmente entran polo xardín, desde o que acceden - din- ao interior das vivendas.

Cren que debería haber máis iluminación e vixilancia na zona. E xa comezaron a organizarse para protexerse dos delincuentes.

A Garda Civil investiga tamén outros roubos similares rexistrados nos últimos días en urbanizacións do Milladoiro, Brión e Teo.

Noticias web

17/12/2019