Os veciños de aldea de Ponte Maceira seguen pendentes do Tambre
E na comarca de Santiago, os servizos de urxencia seguen pendentes do río Tambre ao seu paso por Ponte Maceira, entre Ames e Negreira. A crecida anegou sotos e muíños e aínda que baixou algo con respecto ao xoves, nos arcos da ponte aínda se percibe ben o alto que vai o río.
"Viñemos a Ponte Maceira controlar o cauce do río. O outro día hai un pombal aquí nunha casa e a auga subíuselle máis arriba da porta. Viñemos hoxe ver se baixara. Están os arcos e chegou a auga ata arriba dos arcos. A ver o que pasa pola tarde e á noite e como queda máis para adiante." Di Xosé Antonio Escarís, voluntario de Protección Civil de Negreira
O encoro Barrié de la Maza está esta semana case ao 75% da súa capacidade, e del depende, ademais das chuvias que caian, o volume de auga que se chegue a acumular. De momento, os servizos de urxencia están en alerta polo que poida caer nas próximas horas.
"Estaremos hoxe todo o día e toda a noite e mañá pola mañá. A ver os estragos que fai Fabien. Di Xosé Antonio Escarís, voluntario de Protección Civil de Negreira
Agárdase que a novo temporal deixe tamén precipitacións intensas na comarca ademais de fortes refachos de vento.