CRTVG

Buscar

Os veciños da Zapateira piden medidas que faciliten os desaloxos dos okupas

Publicado o 02/06/2020 16:02

Os okupas do chalé da Zapateira continúan hoxe na vivenda tras da mobilización dos veciños da urbanización. Piden medidas para evitar que as súas casas poidan ser ocupadas de xeito ilegal.

Tranquilidade hoxe diante do número 31 da avenida de Nova York. Os ocupantes do chalé de luxo propiedade dunha entidade bancaria continúan no interior da vivenda, aínda que deixaron atrás a actividade nas redes sociais con actitudes desafiantes cara aos veciños. Foi a gota que colmou a paciencia dos residentes, que levan anos padecendo atentados contra a propiedade.

Convocados pola asociación de veciños, levaron a súa protesta ás portas da vivenda ocupada, unha concentración sonora que se desenvolveu sen incidencias. Os veciños temen que se poidan producir novas ocupacións na zona e piden medidas que axilicen os desaloxos.

Noticias web

02/06/2020