CRTVG

Buscar

Os veciños da Guadalupe, en Santiago de Compostela, protestan polas malas condicións en que se atopa o barrio

Publicado o 22/06/2021 14:38

Fartos das condicións de insalubridade en que viven nos últimos meses, un grupo de veciños do barrio compostelán da Guadalupe uníronse para protestar ante o que consideran un abandono por parte do Concello. Levan meses sufrindo rebentóns na rede de tubaxe que non só os deixa sen auga durante horas senón que está comezando a formar auténticas lameiras no interior das vivendas. 

As consecuencias destes rebentóns de auga están afectando tamén ao pavimento da rúa e aos electrodomésticos das casas. Son conscientes de que arranxar todos estes problemas é un gasto moi elevado, pero solicitan que non deixen abandonado un barrio tan familiar e tranquilo onde vive sobre todo xente maior que leva anos traballando para gozar dos seus fogares. 

Noticias web

22/06/2021