CRTVG

Buscar

Os veciños da contorna da praza de San Paulo, na Coruña, quéixanse pola presenza de ratas de gran tamaño

Publicado o 13/09/2021 12:09

Novas queixas no centro da Coruña, na contorna da praza de San Paulo, paralela á céntrica zona de Juan Flórez, pola presenza de ratas.

Contan que levan meses aturando este problema que cualifican como un foco de insalubridade e un auténtico perigo.

Amais, moitos veciños teñen constancia de que outros deixan alimentos na zona para os gatos da rúa e cren que isto tamén atrae os roedores.

Desde o Servizo de Medio Ambiente do Concello din que non lles consta este incidente. Aseguran que os técnicos municipais realizan inspeccións periódicas e que con frecuencia levan a cabo programas de desratización.

 

Noticias web

13/09/2021