CRTVG

Buscar

Os veciños da comarca de Santiago acatan as limitacións con resignación

Publicado o 31/10/2020 16:33

Trátase de evitar os movementos que tradicionalmente se producen na fin de semana de Todos os Santos. As florerías notan o baixón nun dos días de máis vendas do ano.

Igual que as visitas aos cemiterios, as comidas e xuntanzas cos familiares que viven fóra tamén van ter que agardar. Resignación e responsabilidade son as palabras que máis se repiten nas conversas da rúa.

Na área de Santiago e Barbanza nas últimás 24 horas houbo 84 novos contaxios. Isto é, 31 menos que o día anterior.

Noticias web

31/10/2020