CRTVG

Buscar

Os vacinados cunha dose no Reino Unido, principais difusores da variante india

Publicado o 31/05/2021 15:04

Preocupa que as novas variantes do coronavirus poidan frear a desescalada. No Reino Unido, a variante india é maioritaria e os vacinados cunha soa dose estanse a converter en difusores da covid. Por iso, o Goberno británico intenta acelerar o proceso de inmunización total, que nestes momentos só ten a metade da poboación adulta do país. Ata entón, o executivo de Boris Johnson estuda atrasar o levantamento de restricións, previsto para o 21 de xuño.

E é que cando semellaba que o Reino Unido tiña practicamente controlada a pandemia e avanzaba cara á nova normalidade, a variante india está a disparar o número de casos no país, e xa representa o 75 por cento dos novos contaxios.

Noticias web

31/05/2021