CRTVG

Buscar

Os "vacamulos" da Ribeira Sacra esténdense a outras zonas da provincia de Ourense

Publicado o 02/12/2019 14:54

Estas imaxes foron gravadas na Ribeira Sacra. É un dos coñecidos como vacamulos, porcos bravos de máis de 150 quilos. A orografía desta zona favorece que cheguen a vellos acadando este tamaño.

Exemplares xa habituais a Ribeira Sacra que comezan a apecer tamén noutras zonas da provincia de Ourense. Este xarbarín de 168 quilos cazousen en Verea e este outro de 150 en Trasmiras.

O problema está nos danos aos cultivos e nos accidentes de tráfico. Para porlle freo, dende a administración acordaron incrementar as xornadas de caza. Ourense é unha das provincias onde máis se incrementaron as batidas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019