CRTVG

Buscar

Os universitarios volven ás aulas con cribados masivos

Publicado o 01/03/2021 21:00

Comezaron durante a fin de semana en Ourense e Ferrol. Este luns, os cribados estendéronse ao resto dos campus galegos. En Vigo hai convocados ata o mércores uns 10 500 alumnos

Antonio Rodríguez Penas, supervisor do Covid Auto do CHUVI, conta que este luns estaban citados máis de tres mil estudantes e apareceron uns mil catrocentos

Os cribados coinciden coa volta presencial as aulas, e fanse co obxectivo de detectar asintomáticos. Os universitarios consideran que é unha medida positiva pero cren que deberían terse realizado antes.

"Porque se estamos contaxiados, imos contaxiar o resto", din os alumnos.

As probas realízanse, ata o xoves, de 9 da mañá a 9 da noite. Aínda que están convocados a unha hora determinada, as autoridades insisten en que serán atendidos a calquera outra hora.

Eloína Núñez, xerente da área sanitaria de Santiago, asegura que o importante é que fagan as probas. Se dentro do día, a hora que lles vai mellor é as sete da tarde ou ás tres, pois que vaian igual.

Porque estes cribados axudan en boa medida a manter a curva baixa nunha volta ás aulas segura.

Noticias web

01/03/2021