CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Os universitarios tamén volven ás aulas

Publicado o 11/09/2017 14:44

Hoxe tamén comeza o curso nas facultades das tres universidades galegas. Iria Soengas, como foi o primeiro día? Estímase que uns 65.000 mozos se acaben matriculando nas tres universidades galegas. O prazo aínda está aberto. De feito, 2.117 alumnos prepáranse aínda para realizar mañá as probas de setembro da ABAU, a antiga selectividade. Tamén comeza hoxe o curso na Universidade.

O prazo de matrícula aínda non se pechou en ningún dos campus pero calcúlase que haxa uns 65.000 alumnos sumando a Universidade de Santiago, a de Vigo e da Coruña. Os universitarios volven ás universidades.

Os campus galegos recuperan a partir de hoxe a actividade e o balbordo nos corredores das facultades. O primeiro día é día de abrazos e de reencontros, pero tamén de presentacións académicas. "O decano fálache un pouco da carreira, como vai ser en xeral. Nada específico...", di un mozo. "En primeiro serve para tomar contacto pero en terceiro xa con aulas importantes", di outro. É o caso desta aula de Microbioloxía.

Antes de entrar en materia convén tomar nota de horarios, de titorías, de programas... Calcúlase que este ano uns 65.000 mozos se matriculen nas tres universidades galegas, un ano en que se consolidan os dobles grados. Na facultade de Bioloxía comparten un con química. A nota de corte é un 11,5 e hai 20 prazas. "Hai 10 alumnos de Química e 10 de Bioloxía. Eses alumnos que fagan o dobre grao accederán ás dúas titulacións ao cabo de seis anos", afirma Antonio Segura, decano da facultade de Bioloxía da USC. Outras novidades coas que comeza o curso son o adianto e a ampliación do período de exames ou a existencia de aplicacións móbiles para o estudantado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí