CRTVG

Buscar

Os universitarios poden desprazarse a outras provincias, con algúns condicionantes

Publicado o 25/05/2020 15:25

Aínda non podemos movernos por toda Galicia, pero hai excepcións. Os universitarios si que poden desprazarse a outras provincias, con algúns condicionantes.

Para poder facelo deben solicitar un xustificante persoal e intrasferible expedido pola universidade que será válido para un único día.

Nese documento recolleranse os motivos polos que o alumno ou alumna necesitan deprazarse a outra provincia. Por exemplo, a recollida e desaloxo das vivendas contratadas durante o curso ou a recollida de material académico tan fundamental agora que os universitarios están inmersos nos exames finais.

Noticias web

25/05/2020