CRTVG

Buscar

As novatadas e o acoso sexual implicarán a expulsión da universidade

Publicado o 08/09/2021 15:17

Actos como novatadas ou acoso sexual serán motivo de expulsión de entre 2 meses e tres anos dos universitarios que cometan este tipo de feitos. Así o establecerá a futura nova lei de convivencia universitaria, que considera as condutas vexatorias, tanto físicas como psicolóxicas, e as novatadas como infraccións moi graves.

Unha futura nova lei que tamén considera o plaxio dos traballos fin de grao, mestrado ou das teses de doutoramento como comportamentos moi graves que, amais da expulsión, poden supoñer a perda dos dereitos da matrícula para os estudantes. Iso si, con respecto ao borrador inicial do anteproxecto, copiar nos exames non suporá para os universitarios unha falta leve.

Tamén será motivo de expulsión de ata un mes, os estudantes que cometan infraccións graves como falsear os resultados dun exame ou traballo ou apoderarse indebidamente do contido das probas.

Noticias web

08/09/2021