CRTVG

Buscar

Os últimos roubos en vivendas e negocios de Oza-Cesuras preocupan os veciños

Publicado o 29/10/2019 14:34

Os sete roubos denunciados ata o momento tiveron lugar en casas e negocios próximos á estrada AC-840, que une os concellos de Curtis e Betanzos. Deles, polo menos 3 foron en vivendas do lugar de Vilar de Costoia, na parroquia de Porzomillos. Entráronlle pola parte de atrás da casa.

Ningún veciño se decatou de nada, malia que algúns sospeitan de que os tiñan vixiados. Ante esta vaga de roubos, din que están preocupados.

A Policía Xudicial da Garda Civil de Betanzos abriu unha investigación. Polo xeito de actuar sospeitan de que se trata dunha banda de delincuentes.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/10/2019