CRTVG

Buscar

Os turistas necesitarán un permiso para entrar no Reino Unido

Publicado o 14/07/2020 09:19
Os turistas necesitarán un permiso para entrar no Reino Unido

O Reino Unido reforzará as súas fronteiras na era posbrexit. A partir de 2025 os cidadáns da Unión Europea que queiran visitar o Reino Unido deberán tramitar un permiso de viaxe previo, igual que o resto dos estranxeiros.

As novas normas de emigración están baseadas nun sistema parecido ao australiano, que non concede preferencia ningunha aos membros da Unión Europea.

Tampouco se lle pemitirá a entrada a calquera persoa condenada a penas de cárcere, desde tan só un ano. Para ir traballar, a cousa será aínda máis complicada.