CRTVG

Buscar

Volve a estar operativo o transbordador entre A Guarda e Caminha

Publicado o 09/07/2021 20:51

O Santa Rita de Cassia volve hoxe atravesar o tramo final do río Miño, entre Camiña e A Guarda. O servizo estivo interrompido desde o pasado 31 de xaneiro, cando toda a súa tripulación foi recolocada pola Cámara Municipal de Camiña en labores sociais vencellados á pandemia.

Ademais do servizo de transporte, os primeiros pasaxeiros puideron gozar do pracer da navegación nunha tarde solleira de verán. O transbordador tamén é un atractivo turístico.


Durante os últimos seis meses os tripulantes que son traballadores municipais desenvolveron outras tarefas ligadas á crise sanitaria. Iso e as restricións de mobilidade suspenderon o servizo. Agora restablécese nun horario reducido condicionado ás mareas e a falta de calado do río.

Os horarios cambian cada semana, así que cómpre consultar o calendario das travesías nas webs de ambos os dous municipios antes de viaxar.

Noticias web

09/07/2021