CRTVG

Buscar

Os turistas en Sanxenxo disfrutan do Juan Sebastian Elcano malia as nubes

Publicado o 13/07/2019 16:19

• O rei Xoán Carlos participa na regata Almirante Rodríguez Toubes

 

Aínda que agora xa estará en Marín, o Juan Sebastian Elcano atraía todas as miradas en Sanxenxo. Dende onte estaba fondeado fronte á praia de Silgar. No paseo, apesares da tronada e un vento baixo e molesto, os turistas observaban como desde o gran veleiro daban o bucinazo de saída dunha regata, a Trofeo Almirante Jaime Rodríguez Toubes. Entre a flota estaba Xoan Carlos I, á cana do veleiro de seis metros "Bribón", o do spinaker branco.

Deixamos atrás o Real Club Náutico para pisa a area da praia de Silgar. Está case baleira porque o tempo non acompaña. Tendas e terrazas convértense na alternativa a un clásico día de praia

Menuda tronada. Non importa porque algunha raiola de sol sairá á tarde. E senón, o dito, a alternativa á praia está nas terrazas e nas tendas.

O rei don Xoán Carlos participa na regata Almirante Rodríguez Toubes

A vila pontevedresa de Sanxenxo foi a escollida polos Reis Emeritos para pasar esta fin de semana,  O rei don Xoán Carlos participa nestes momentos na regata Almirante Rodríguez Toubes.
E, desta volta, está en Galicia acompañado pola raíña Sofía e Intanta Elena. Onte participaron no club náutico de Sanxenxo nunha cea de gala dentro do acto de homenaxe ao buque escola da Armada Juan Sebastián Elcano no quinto centenario da primeira volta ao mundo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019