As Rías Baixas, o Camiño e a Ribeira Sacra, focos da atracción turística en Galicia
Publicado o 05/09/2021 13:57
Coa chegada de setembro é o momento de facer balance do verán e o certo é que as cifras de ocupación en Galicia son boas, miremos onde miremos.
Sanxenxo foi líder de ocupación en todo o norte de España, o turismo rural superou cifras previas á pandemia, tamén as Rías Baixas.
E o Camiño recupera unha importante presenza de peregrinos. Este venres chegaba a Santiago o peregrino 100 mil, o que dá boa mostra do atractivo que recuperou estos meses de verán a ruta a Santiago.