CRTVG

Buscar

Os turistas buscan en Galicia temperaturas máis agradables

Publicado o 18/07/2019 13:47

Os turistas escapan das altas temperaturas e, agora que repunta o turismo nacional, o norte de España convértese nun destino moi apetecible.

O clima ten moito que ver no descenso da chegada de turistas alemáns. Certo é que hai máis competencia, recupéranbbse os mercados turcos, gregos ou do norte de Africa. Pero con invernos menos crus, o turista alemán sente menos necesidade de buscar o sol español.

Aínda así, o sector hoteleiro español agarda un verán con bos resultados, na media dos anos 2016-2018.

Noticias web

18/07/2019