CRTVG

Buscar

A chuvia colapsa Santiago por segundo día consecutivo

Publicado o 08/08/2019 21:39

A chuvia que chegou a Galicia esta semana fai que os turistas cambien o sol e a praia polas cidades e as tendas. Dende onte, as rúas de Santiago están colapsadas polo tráfico dos visitantes que se achegan para facer compras ou para coñecer a zona monumental.

En días de chuvia coma este poucas alternativas quedan e os centros comerciais son unha delas. Miles de turistas que normalmente ateigan as praias buscaron hoxe outras opcións e cidades como Santiago tiveron bastante éxito. A cidade vella estivo hoxe chea de visitantes que encheron as rúas e os comercios da zona. Turistas que hoxe aproveitaron tamén para dar unha volta polas tendas nun día que invitaba a quedar na casa.

Calquera refuxio era bo hoxe. A chuvia non cesou en todo o día e os plans de toalla, sol e praia tiveron que se pospoñer para outra vez. Pois como na casa tampouco, os centros comerciais foron o refuxio que escolleron moitos para escapar da chuvia e do vento que azoutaban hoxe Galicia.

E coas compras, varios aparcadoiros de Santiago estiveron colapsados dende onte por esta chegada masiva de visitantes. Con todo, hai algúns aos que o tempo non lles impediu dar unha volta pola cidade.












 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019