CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Os Tupper Toys permítennos escoller xoguetes mentres os nenos os proban

Publicado o 13/11/2016 21:32

A oferta de xoguetes é inabarcable e ás veces non somos quen de atopar o que se adapta mellor as necesidades e as características dos nosos fillos. Na Coruña, a blogueira Sonia Hermida, especializada no mundo da infancia, proponnos probar antes de escoller. Organiza tupper toys, unha ocasión para descubrir as preferencias dos nenos mentres eles xogan.

Os nenos son expertos en xogar. Por iso, para encontrar o xoguete perfecto para cada pequeno debería abondar con observar.

O problema é buscar e escoller nun mercado saturado de xoguetes e de campañas publicitarias. A blogueira Sonia Hermida e a xoguetería Hola Caracola fixeron unha coidada selección e prepararon este tupper toys, unha alfombra de xoguetes diferentes á disposición da imaxinación dos cativos.

Mentres os nenos crean, imaxinan e experimentan, os pais reciben consellos e ideas para acertar co xoguete ideal. Os deste tupper toys están pensandos para durar unha vida enteira.


Véndoos en acción aprendemos que en cada xoguete hai mil posibilidades de diversión e de aprendizaxe. Os Tupper Toys son un convite a probar e a soñar.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí