Concentración dos trraballadores penitenciarios en Santiago contra as agresións dos internos pola falta de persoal
Publicado o 19/06/2021 20:07
Os traballadores das cinco prisións galegas concentráronse ese mediodía na praza do Obradoiro para denunciar as agresións que, din, reciben dos reclusos pola falta de persoal nos cárceres. Entre as máis graves, un intento de secuestro e outro de asasinato.
Os funcionarios da Lama, Pereiro, Bonxe, Monterroso e Teixeiro, en total unhas 200 persoas, pretenden reclamar con esta mobilización unha reforma do protocolo de actuación, que non considera agresión que o recluso manque o traballador cando o contén. A redución de persoal fai que as lesións sexan habituais.