CRTVG

Buscar

Os troteiros percorren as aldeas de Bande

Publicado o 15/02/2020 14:46

Un foguete anuncia a chegada dos troteiros. Recarei, Seoane, Pereira, Corvelle... Dende as nove da mañá percorren unha a unha as aldeas do concello de Bande.

Beber, comer, brincar, bailar pero sobre todo o encontro cos veciños e veciñas.

Os troteiros volveron ás corredoiras cando xa case todos os daban por desaparecidos.

Coas chocas e o espello no sombreiro afastan da comunidade os malos espíritos.

Son os entroidos rurais que levan balbordo e ledicia ás aldeas que no seu día a día esmorecen.

Noticias web

15/02/2020