Os trixemelgos de Vilaxóan vacináronse xuntos en Vilagarcía
Ambulatorio en Vilagarcía. Tres irmáns de Vilaxoán. Trixemelgos. Nacidos o mesmo día de 1938, e separados pola pandemia.
Teresa: "O primeiro día que nos xuntamos os tres foi hoxe!".
Reunidos pola vacinación. Teñen 82 anos. Aseguran que veñen sen medo a levar a inxección.
Teresa: "Xa tiven máis. Agora vou un pouco máis tranquila".
Isabel: "Oxalá acabase pronto. Hai tantos que están pechadiños...".
Manolo: "É a primeira dose, e a ver como vén. Eu creo que virá ben".
Visto e non visto. Levan a vacina e 15 minutos despois xa saen.
Manolo: "Foi unha cousa rápida. E unha cousa que temos fóra xa. Eu estaba a esperar por ela, e agora xa a teño aló. Agora, que veña ben".
Soñan con que acabe esta pandemia, que, con todo, non foi o máis duro que viviron.
Teresa: "Nacemos no 38 e nacemos na guerra, meu fillo. Entón...".
Manolo: "Non había que comer".
Teresa: "Aí pasouse peor".
Manolo: "Aí foi máis duro".
Agora, a agardar pola segunda dose da vacina.
Teresa: "O día 20 do mes que vén, á mesma hora".