CRTVG

Buscar

Os tripulantes de cabina de Ryanair convocan 10 días de folga en setembro

Publicado o 21/08/2019 13:30

Os tripulantes de cabina de Ryanair van á folga dez días no mes de setembro, en protesta polos plans de peche de bases da aeroliña.Os paros están convocados para todos os venres e domingos do mes ademais do luns, 2 despois de que fracasara o intento de negociación entre os representantes dos traballadores e da empresa coa mediación do Servizo de Arbitraxe. No encontro, Ryanair confirmou que vai pechar as bases de Gran Canaria, Tenerife Sur e Xirona. Isto pode levar ao despedimento de 350 tripulantes de cabina e 150 pilotos, segundo fontes sindicais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019