CRTVG

Buscar

Os tres sindicatos da xustiza opostos ao preacordo queren retomar as negociacións

Publicado o 02/05/2018 11:08

• Convocaron unha reunión para esta mañá, pero a Consellería rexeitou asistir e finalmente non se celebrou

• UXT di que quere repetir as votacións, pero sen coaccións

Os tres sindicatos que rexeitaron a última oferta da Xunta -CUT, STAJ e CIG- convocaron para as dez desta mañá unha reunión co Goberno e cos demais sindicatos para retomar as negociacións. Finalmente a reunión non puido celebrarse, pois a Consellería xa anunciara que os seus representantes non asistirían a esta mesa de diálogo e os axentes de policía non lles deixaron aos representantes destes sindicatos entrar na Escola Galega de Administración Pública. No lugar tamén se presentaron representantes de UXT, que dixeron diante dos medios que queren repetir as votacións, pero sen coaccións. 

O paro comezou o 7 de febreiro e xa son máis de 22.000 os xuízos suspendidos. As tres organizacións que gañaron a votación para manter a folga pedíronlle á Administración unha negociación real que permita rematar de xeito definitivo co conflito. Os sindicatos que aceptaron o preacordo coa Xunta si poderían sentar na mesa de negociación nun intento de recuperar a imaxe de unidade e desbotan denunciar as posibles coaccións na xornada de votación dos funcionarios do venres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/05/2018